Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Brión informa de que a estación de inspección técnica de vehículos agrícolas e de obras e servizos trasládase de Viceso a Ons


O Concello de Brión informa do cambio de ubicación da estación móbil UM3 que fai a inspección periódica obrigatoria de vehículos agrícolas e de obras e servizos, inicialmente emprazada en Viceso e que se trasladará ata as inmediacións da escola unitaria de Ons o luns 7 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Este cambio está motivado polas dimensións da unidade móbil, cunha plataforma de 40 x 22 metros, que non tiña cabida nin en Viceso nin en Luaña. Os veciños e veciñas que desexen realizar esta inspección deberán solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da web www.cycitv.com.